Código de comportamento

PyConES é unha conferencia feita pola comunidade pensada para a divulgación e colaboración dentro da comunidade de desenvolvedores.

Valoramos a participación de cada membro da comunidade Python e queremos que todos os asistentes teñan unha experiencia entretida e satisfactoria. Para iso, esperamos que todos os asistentes amosen respeto e cortesía hacia os demais durante a conferencia e todos os eventos relacionados con ela, estén organizados pola PyConES ou non

En concreto, todos os delegados, disertantes, expositores e voluntarios que tomen parte nas actividades relacionados coa PyConES deberán acatar o presente código de conducta. Os organizadores coidarán do cumplimento deste código durante o evento.

Enténdese por acoso todo comentario alusivo ao sexo, preferencias sexuais, discapacidades, aspecto físico, etnias e relixións; toda pornografía en espazos públicos; toda intimidación deliberada, axexo ou persecución; todo acoso mediante fotografías ou grabacións; toda interrupción constante de charlas ou outras actividades; todo contacto físico inapropiado e toda proposta sexual non desexada.

Os participantes que sexan reprendidos deberán desistir inmediatamente na súa atitude.

Os expositores, casetas ou pabellóns de patrocinadores ou empresas e actividades parellas tamén están suxeitas á política antiacoso. En particular, os expositores non deberían empregar material ou levar a cabo actividades sexistas. O persoal das casetas (incluíndo voluntarios) non deberían empregar uniformes ou vestimentas sexistas, dado que se crearía un ambiente sexualizado.

Coida a túa linguaxe. Recorda que as bromas sexistas, racistas e excluíntes en xeral poden ofender a outras persoas. A linguaxe excesivamente soez e as bromas ofensivas son inapropiadas na PyConES.

Se algún participante infrinxira este código de conduta, a organización poderá tomar as medidas que considere axeitadas, como a amoestación ou a expulsión sen dereito a reembolso.

Información de contacto

Se estás sendo obxecto de acoso, notas que alguén está a ser acosado ou tes calquera outra preocupación, por favor ponte en contacto cun membro do persoal da conferencia. O persoal da conferencia vestirá camisetas coa inscrición "Personal PyConES". Ademais podes falar co persoal do lugar e pedir que che poñan en contacto co responsable da conferencia - Juan Luis Cano.

Se se trata dunha cuestión especialmente urxente, diríxete a calquera destas persoas:

  • Juan Luis Cano (+34 646515050)
  • Marcos Gabarda (+34 661930497)
  • Quique Porta
  • Mayte Giménez
  • Javier Palanca

O persoal da conferencia axudará de bo gusto aos participantes que se poñan en contacto co persoal de seguridade do lugar ou a policía local e proporcionará escolta ou socorrerá de calquera outra forma ás vítimas de acoso para que poidan sentirse seguras durante o desenrolo da conferencia. O teu benestar é unha das nosas prioridades.

Gracias por facer deste un evento aberto á comunidade e amigable.

Licenza

Este Código de Conduta baséase nos códigos de conduta da PyCon US 2013 (https://us.pycon.org/2013/about/code-of-conduct/) e PyConAr 2012 (http://ar.pycon.org/2012/conference/diversity/) e está dispoñible baixo unha licenza Creative Commons Atribución 3.0 España.